Descripción
A “Fraga dos Tres Reinos” é unha elevación de 1.025 metros de altitude, integrada no sistema montañoso da serra de Marabón, na fronteira entre entre os tres vellos reinos medievais de Portugal, León e Galiza, de onde lle ven o seu nome.
O Penedo sitúase na fronteira entre o pobo de A Moimenta, no concello de Vinhais, o concello de A Mezquita, na provincia de Ourense (Comunidade Autónoma de Galicia) e o concello de Hermisende, na provincia de Zamora (Comunidade Autónoma de Castela e León).
En 1864, co trazado definitivo, firmado pola Comisión de Límites das fronteiras entre Portugal e España, mantívose a fronteira de séculos nesta rexión. A pesar de que hoxe en día os tres reinos, aos que alude o nome da fraga, xa non existen (Portugal tornouse unha república e Galiza e León foron integradas no reino de España), a súa vella e secular designación mantívose inalterada.
Como corresponde aos dialectos galego-surorientais a palabra fraga é un equivalente de “penedo ou rocha”.
A Fraga e as fontes dos três reinos (PORTUGUES)
Diz a tradição que, em tempos mais remotos, o rei D. Afonso III passou pela localidade Moimenta onde se hospedou por alguns dias, na casa da residência aí deixou uma carta de “foro” e outros privilégios escritos em pergaminho. Não se sabe ao certo quando foi, mas supõe-se que foi em 1253, ano em que foi sucedido foral á Vila de Vinhais e Bragança. Como conta a tradição, havia “questões” fronteiriças com as aldeias Portugal/Moimenta, Leão/Cádavos e Castela/Castromil isto consequência da existência das fontes que nascem junto à linha da Raia e se estendem para Portugal. Os Espanhóis reclamavam a sua posse, ficando os portugueses com alguns direitos. A Fonte do Moço, por exemplo, nasce bem abaixo da Raia, terreno português que no Verão secava, mas a fonte dos três reinos nunca secava e era de grande importância para os gados beberem. Esta situa-se no extremo da área das três aldeias acima referidas e em pleno Verão não existem outras nas proximidades.Quando o rei português veio à Moimenta, convocou uma reunião (Os três Reis) para solucionarem esses problemas. Chegaram então a um acordo criando uma área de aproximadamente 1000m2, onde existia um poço de terra batida (hoje em cimento) considerado bebedouro comum aos três povos (aberbadero comum aos três poeblos). Ainda hoje existe na povoação espanhola da Mesquita e da Moimenta, um documento escrito pelas autoridades fronteiriças, a quando da colocação dos “marcos intermédios”, a fazer referência ao dito bebedouro.
Na aldeia de Moimenta encontra-se um rochedo conhecido por “A Fraga dos Três Reinos”, onde existem três cruzes esculpidas numa rocha, cada qual voltada para o seu reino, que teriam sido mandadas construir pelos três Monarcas.
Na documentação encontrada faz-se ainda referência a uma merenda dos Monarcas onde se teria dito “ bebemos da mesma fonte, comemos na mesma mesa (Fraga dos Três Reinos) cada um voltado para o seu reino”.
Dizem os habitantes da Moimenta que ouvem cantar os galos de três Reinos.ESPAZO DE DEPORTE E OCIONa natureza na Devesa de Santigoso
Desde marzo e ata decembro podedes disfrutar neste espazo.
Actividades para grupos de 8 persoas en adiante:•Avisar cunha antelación de 4 días.
•Elexir as actividades que vai a realizar o grupo: Carreira de orientación con GPS, rutas de sendeirismo,tiro con arco, rocodromo, titrolinas,,,,
•Celebramos cumpleanos de nenos e nenas.
•Despedidas de solteiro-a.
Visitas por libre:
Os sábados 1º e 3º de cada mes de 16 a 20:30
A partir de maio todos os fines de semana. Chamar antes para pedir información:988 423506
CURSOS DE ESCALADA DE INICIACIÓN PARA ADULTOS E NENOS-AS
•adultos: de 17h a 18h os sábados
•nenos-as: de 16h a 17h os sábados
•O asistir ao curso poderan facer uso das instalacións outra hora mais despois do curso.
PREZO: 20€ por dous días de claseACTIVIDADES REALIZADASActividades de turismo activo
Tiro con arco
Tirolinas
Escalada
Barranquismo
Geocaching2011Durante este ano seguimos coas actividades extraescolares: patinaxe,informática,inglés,tenis...Estamos tamén co taller de coiro e co taller de talla.Para os que se queiran por en forma, non deixedes de asistir as clases de aerobic e ximnasia de mantemento.MAIORESFacerse maior ten pouco que ver con anos atrás. Hoxe, co incremento da esperanza e a calidade de vida, as persoas de maior idade teñen a oportunidade de afrontar dunha maneira moi distinta o futuro tras a súa etapa laboral, deixando de lado o tópico do maior pasivo que se desvinculaba progresivamente. Os nosos maiores de hoxe en día, son activos, integrados na sociedade e con inquietudes.1.XIMNASIA TERAPÉUTICAA nosa asociación ofrece a este colectivo cursos de ximnasia terapeútica, para así previr, curar e manter o corpo nun estado de saúde aceptable na terceira idade.
Os beneficios son múltiples xa que con esto axudamos a:
- Correxir malos hábitos posturais.
- Aumentar a axilidade e a silueta.
- Realizar calquera actividade cotiá sen risco de lesións.
- Eliminar dores de espalda.
- Acabar co estrés…. etc.
Por tratarse dunha actividade física controlada non existen limitacións de idade ou condición física, salvo contraindicación médica.
Os exercicios que se realizan son:
· Exercicios de movilidad articular:para manter a amplitude de tódalas articulacións e evitar a súa rixidez por idade ou lesión.
· Estiramentos dos músculos e tendóns:para manter e aumentar a súa elasticidade e así evitar que se lesionen a vez que se tonifican os diferentes grupos musculares, realizando contracións mantidas e con bandas elásticas para fortalecer os nosos músculos e así evitar lesións.
· Exercicios respiratorios:para aumentar a capacidade pulmonar e así asegurar a osixenación dos tecidos en xeral, axudando por outra banda a relaxación do corpo e a mente.
Taller de memoria a través de exercicios prácticos, xogos, lecturas, etc. Nos que se estimula a memoria e o exercicio desta e se dan consellos para manter unha saúde mental sana.
2. TALLER DE MEMORIAA través de exercicios prácticos, xogos interactivos, lecturas, etc. estimúlase a memoria, observación, lóxica, etc. capacidades que, co paso inevitable do tempo, vense mermadas. Ao mesmo tempo estas actividades resultan tamén beneficiosas para crear e fomentar vínculos afectivo-emocionais entre as persoas maiores que participan nos diferentes talleres.
3. RECOLLEITA DE LÉXICO E TRADICIÓN ORAL.
Con esta actividade a nosa intención é motivar á poboación máis envellecida deixando ó final unha herdanza documental sobre as súas vivencias e experiencias. Festas, xogos, alimentación, ditos e costumes, etc.
4. PROXECTO EDUCATIVO HORTA-ESCOLAHORTA - ESCOLAFINS DO PROXECTO
A finalidade fundamental do Proxecto Educativo Horta-Escola é a de ofertar ós/ás nenos/as un conxunto de experiencias enmarcadas no ámbito do mundo rural e a Natureza;acercalos á comprensión das relacións que se dan no noso entorno e impulsar o sentido crítico no uso dos propios recursos e a súa preservación.No centro desenrolaranse talleres e actividades relativos a este modus vivendi que esmorece.
Trátase de conxugar unha serie de recursos didácticos que posibiliten a consecución destes obxetivos, de presentar experiencias dunha maneira práctica e natural, dentro dun medio agrícola e artesán que favoreza a disposición dos nenos ó descubrimento e a investigación.
As actividades programaranse con criterios de motivación e globalización,para grupos reducidos.O principal centro de interese,a Natureza e o Medio, permanecerá presente en todalas actividades que se vaian propoñendo.
As actuacións e actividades desenvolveranse en base a criterios de sostenibilidade e respecto polo medio ambiente,polo que deberán presentar perante a súa construcción e funcionamento un balance enerxético equilibrado, así como o emprego de materiais e técnicas non contaminantes.
DESTINATARIOS/AS
O Centro Horta-Escola estará orientado fundamentalmente os colectivos escolar e dos xubilados,sen perxuizo de que podia ser utilizado por outros colectivos.
ACTIVIDADES QUE SE OFERTAN
•Elaboración de pan de xeito tradicional.
•Andainas: Ruta da Pana, Ruta da Natureza, Ruta do Penedo dos Tres Reinos
•Compostaxe.
•Obradoiros de enerxías renovabeis.
•Reciclaxe de papel.
•Entre outras.
Para a realización destas actuacións contamos coa colaboración inestimable dun grupo de xubilados da Terceira Idade que colaboran de xeito voluntario na implementación das mesmas.ESCOLA DE PAIS / NAISEstamos convencidos de que ser pais é unha tarefa difícil, porque sabemos que queres o mellor para o teu fillo e non é fácil encontrar a solución e o camiño a moitas preguntas e desexos.
¿Debemos orientar ós nosos fillos a encontra-la súa meta?, ¿e como?; ¿debe ser noso obxectivo que sexan felices?, ¿ricos en ilusións?; ¿é tarefa nosa a de comunicarnos con eles, escoitalos e que nos escoiten, informarlles sobre as súas posibilidades e limitacións?; ¿como promover actitudes de construir un mundo mellor?; ¿é posible que aprenda a coidar de sí mesmo?...
E seguro que desexamos facelo o mellor posible; sin embargo, non recibimos unha preparación para ser pais. Ante calquera dificultade, ¡temos tantas dúbidas!
Se necesita orientación na tarefa de educar a un fillo e, desta necesidade, nace a Escola de Pais. Pretendemos enseñar a previr os problemas e axudar a encontrar unha solución ós mesmos.
¿E por qué un curso para pais de adolescentes?
A adolescencia é unha etapa da vida moi complexa para os pais e para os mesmos fillos. Prodúcense cambios que removen os cementos do que ata entonces se viviu. É un momento no que non se aceptan consellos e parece que non se quere saber nada dos pais. Éstos, ante esa complexidade respecto a etapas anteriores, non saben como actuar ante o problema e tampouco atopan onde obter a orientación axeitada. O obxectivo deste curso é prestar ese apoio ós pais do adolescente.
Este curso brindarache a oportunidade de profundizar algúns temas nos que estarás interesado. Esperamos que se despexen moitas dúbidas e desperten inquietudes que te movan á reflexión sobre as relacións co teu fillo.
Esperamos aportarche a información necesaria para comprender o comportamento, producto da etapa evolutiva que está atravesando e ter un criterio á hora de tomar decisións. É necesaria entonces, unha gran inversión de afecto.
Con este curso desexamos ser unha guía útil para xenerar unha actitude que apoie a maduración do teu fillo. Esperamos que de esta forma poidas disfrutar da adolescencia do teu fillo e do proceso de crecemento, como unha aventura máis; seguramente unha das máis importantes e fermosas.